Gestión y tratamiento de residuos (en galego) .- Lic. en Biología

Enviar

* Dar a coñecer a problemática xerada pola crecente produción de residuos e analizar os principais sistemas de xestión e tratamento, establecendo unha xerarquía das distintas opcións, segundo as recomendacións da Comunidade Europea. Farase especial fincapé no caso dos residuos sólidos urbanos, pero tamén se estudarán as características, a produción e os sistemas de tratamento doutros residuos: agrarios, da minaría, industriais, tóxicos e perigosos.
* Achegarlles aos alumnos á problemática da xeración e xestión de residuos na nosa Comunidade Autónoma, implicándoos mediante a realización de traballos prácticos na análise da produción dos residuos, na avaliación dos seus efectos sobre o medio natural, na valoración dos sistemas de xestión existentes, na divulgación de boas prácticas de xestión e tratamento e na procura, de ser o caso, de melloras ou solucións alternativas aos sistemas implantados.

Temario

PROGRAMA DO CURSO

* Tema 1.- Residuos sólidos: tipoloxía e orixe; sistemas de xestión de residuos sólidos; lexislación. Reducción de residuos: tecnoloxías limpas
* Tema 2.- Residuos sólidos urbanos (RSU): características. Producción; sistemas de tratamento; lexislación
* Tema 3.- Recollida, transferencia e transporte
* Tema 4.- Reutilización e reciclaxe. Instalacións para separación de materiais de reciclaxe. Reciclaxe de papel, vidro, metais e outros. Lexislación aplicable
* Tema 5.- Tratamentos biolóxicos. A compostaxe: procesos e tecnoloxías. Características do compost. Calidade e usos do compost. A biometanización
* Tema 6.-. Tratamentos térmicos. Incineración de RSU: procesos, tecnoloxía, control da contaminación
* Tema 7.-. Vertedoiros controlados: tipos, situación, construcción e procesos; control de efluentes e emisións gasosas; clausura e selado de vertedoiros
* Tema 8.- Lodos de depuración: características; formas de eliminación e aproveitamento; lexislación relativa á aplicación agrícola de lodos de depuración
* Tema 9.- Residuos agrícolas e gandeiros: producción e características; problemas ambientais; sistemas de tratamento
* Tema 10.- Residuos industriais: tipos, producción, posibilidades de reciclaxe; outros sistemas de tratamento
* Tema 11.- Residuos tóxicos e perigosos (RTP): criterios de clasificación; sistemas de inactivación e contención; lexislación
* Tema 12.- Residuos mineiros: producción; recuperación de solos, balsas e vertedoiros. Lexislación aplicable

PROGRAMA DE PRÁCTICAS

* Visitas guiadas ás principais instalacións de tratamento de residuos na Comunidade. Faranse 2-3 visitas.
* Traballo práctico (2-3 alumnos) sobre calquera aspecto do programa, que elixirán os alumnos, contando coa orientación e titoría permanente da profesora. O traballo será un estudio orixinal de campo, gabinete ou laboratorio.