Informática aplicada á Topografía (en galego) .- Ing. Técnica Informática Sistemas

Enviar

Esta materia está dividida en dous bloques diferenciados, que se corresponden coas sesións de teoría e de prácticas. No primeiro bloque introduciranse as nocións básicas de informática, para que o alumno acade unha visión xeral da estrutura, funcionamento e recursos que lle ofrecen dos sistemas informáticos. No segundo bloque aprenderase a manexar un conxunto de ferramentas software básicas. As prácticas estarán centradas fundamentalmente no uso do programa de cálculo MS Excel aplicado á resolución de problemas de topografía. Non obstante, tamén se ofrecerán nocións básicas doutros programas ofimáticos e de comunicacións en rede que lle poden ser de utilidade ó alumno para o estudo desta e outras materias da titulación.

Competencias específicas

* Relacionar as nocións teóricas aprendidas sobre informática coas súas aplicacións no ámbito científico-técnico.
* Revolver problemas de topografía mediante unha ferramenta de cálculo
* Utilizar a ferramenta de cálculo de forma eficiente para automatizar o máximo posible a resolución de problemas.

Competencias transversais

* Buscar información: consultar bibliografía e utilizar recursos de Internet
* Pensar de forma analítica e operativa: ser capaz de analizar en que consiste un determinado problema (exercicio de prácticas) de buscar a maneira de solucionalo
* Comunicarse por escrito de forma eficiente: elaborar unha memoria ou informe ben organizado, con claridade expositiva e corrección formal.

Metodoloxía da ensinanza

Clases Teóricas
Todos os temas da parte teórica se impartirán polo método de clase maxistral, coa axuda dunha presentación electrónica. As diapositivas da presentación serán postas a disposición do alumno.
Ademais, propoñeranse exercicios para que o alumno traballe e complete de forma autónoma os contidos expostos na clase, incluíndo a realización dunha memoria sobre algún tema do programa, que haberá que expoñer en clase mediante unha presentación electrónica.
Clases Prácticas
As clases do bloque de prácticas terán lugar nunha aula de informática, na que se proporcionará dun ordenador para cada alumno. A metodoloxía de aprendizaxe de prácticas consiste fundamentalmente en clases demostrativas, nas que o alumno terá que repetir as demostracións realizadas polo profesor por medio unha proxección cun canón de vídeo, para a continuación resolver casos análogos de forma autónoma e supervisada polo profesor.
Titorías
As sesións de titorías servirán non só para resolver as dúbidas dos alumnos en canto ós contidos da materia, senón tamén para o seguimento e supervisión dos traballos e presentacións electrónicas realizados polo alumno. Os traballos que non pasen polo proceso de supervisión durante as titorías non poderán ser expostos en clase.
Curso Virtual
Esta materia vai dispoñer dunha páxina web (curso virtual) desenvolta sobre unha plataforma de e-learning (WebCT). Nela facilitaráselle ó alumno todo o material necesario en formato dixital, ademais de distintas ferramentas de comunicación para o apoio ás titorías, incluíndo correo, foros, entrega de traballos, etc